top of page

Sobre Nós

FINAL_edited_edited.png

Marta

Promotora de O Mestre do Can e apaixonada do benestar animal desde sempre.

Son Auxiliar Técnico Veterinario (ATV) con formación especializada en fisioterapia e rehabilitación animal, dietética e nutrición, e continúo ampliando os meus coñecementos en etoloxía, comportamento e benestar canino. Ademais, conto con formación en intervencións asistidas con animais.

Este proxecto nace da miña vocación por ofrecer un lugar onde cada can sexa tratado con respecto, paciencia e atención individualizada, facendo que se sinta seguro e como na casa.

Rayo e Turka

Rayo e Turka son moito máis ca os nosos cans: son os embaixadores de O Mestre do Can e unha parte fundamental da nosa familia.

Con eles aprendemos cada día sobre comunicación, convivencia e respecto polos tempos e necesidades de cada animal. Grazas á súa personalidade e experiencia inspiran a nosa forma de traballar, baseada na confianza, o benestar e o trato individualizado.

Porque antes de crear O Mestre do Can, xa compartiamos a nosa vida cos cans.

Captura de pantalla 2026-07-07 a las 15.53_edited.png
bottom of page