TERMINOS E CONDICIÓNS
Atención ao Cliente
En O Mestre do Can comprometémonos a ofrecer unha atención próxima, profesional e personalizada antes, durante e despois da estancia de cada can.
Para realizar unha reserva, solicitar información ou resolver calquera dúbida, podes contactar connosco a través do teléfono, WhatsApp, correo electrónico ou do formulario de contacto da nosa páxina web.
Responderemos ás consultas coa maior rapidez posible para ofrecer un servizo transparente e de confianza.
Privacidade e seguridade
As reservas quedarán confirmadas unha vez realizado o pagamento do depósito establecido.
O depósito da reserva é non reembolsable en caso de cancelación por parte do cliente, xa que a praza queda reservada de forma exclusiva para o seu can.
Non obstante, en situacións excepcionais debidamente xustificadas, o cliente poderá poñerse en contacto co equipo de O Mestre do Can, que estudará cada caso de maneira individual para valorar unha posible solución.
O importe restante da estancia aboarase no momento da entrega do animal, salvo acordo previo.
Recomendamos realizar as reservas con antelación, especialmente durante os períodos vacacionais e festivos.
Consultas de colaboración
Se es profesional do sector veterinario, adestrador, educador canino, asociación, protectora ou empresa relacionada co mundo animal e desexas colaborar con O Mestre do Can, estaremos encantados de coñecer a túa proposta.
Podes contactar connosco a través dos nosos canais habituais para estudar posibles colaboracións.
MÉTODOS DE PAGO
- Tarxetas de crédito/débito
- PAYPAL
- Transferencias bancarias