INFORMACIÓN IMPORTANTE
Que necesito para facer unha reserva?
Para confirmar a reserva necesitaremos os datos da persoa responsable, as datas da estancia e a cartilla sanitaria do can actualizada.
Que vacinas son obrigatorias?
Todos os cans deberán ter a vacinación obrigatoria ao día, así como a desparasitación interna e externa vixente.
Aceptades cachorros e cans maiores?
Si. Contamos con atención adaptada para cachorros, cans sénior e animais que requiran coidados especiais ou administración de medicación.
Podo traer a comida do meu can?
Por suposto. Recomendamos manter a súa alimentación habitual para evitar cambios dixestivos durante a estancia.
Administrades medicación?
Si, podemos administrar tratamentos e medicación seguindo as indicacións do veterinario ou da familia.
Podo visitar as instalacións antes da reserva?
Si, recomendamos concertar unha visita previa para coñecernos, resolver dúbidas e que o voso can se familiarice co entorno.
Ofrecedes servizos adicionais?
Ademais da residencia, ofrecemos servizos de adestramento, asesoramento nutricional, baños e outros coidados complementarios.
