top of page

O Centro

As nosas instalacións

IMG_7151.HEIC
IMG_7151.HEIC

A Casa de Pedra

A casa principal de O Mestre do Can conta con máis de 320 m² distribuídos en 4 dormitorios individuais, salón e zona de estar, lavandería, zona de aseo e unha cociña equipada para a preparación de todo tipo de dietas, adaptadas ás necesidades de cada can. Un espazo pensado para ofrecer confort, tranquilidade e unha atención totalmente personalizada.

A Casiña de Madeira (En construción)

Actualmente estamos a ampliar as nosas instalacións coa construción dunha casa auxiliar de preto de 100 m², que contará con 8 dormitorios individuais, un amplo salón común e espazos deseñados para seguir garantindo o máximo benestar dos nosos hóspedes, aumentando a capacidade sen perder a atención individualizada que nos caracteriza.

IMG_2990.PNG
Captura de pantalla 2026-07-07 a las 19.02.55.png

O Espazo Natural

O Mestre do Can dispón de máis de dúas hectáreas de espazo natural, onde os cans poden correr, explorar e xogar con total seguridade. A finca conta con amplas zonas verdes, árbores e sombra natural, acceso ao río, piscina para os meses de máis calor e diferentes elementos de enriquecemento ambiental e xogo, favorecendo o exercicio físico, a estimulación mental e o benestar de cada can durante a súa estancia.

bottom of page