SOBRE NÓS
Profesionais do benestar animal
Benvido a O Mestre do Can, onde a nosa paixón polo benestar animal se converte en realidade.
Fundado por Marta, profesional do sector veterinario dende hai máis de cinco anos e amante dos animais, un espazo único onde cada can é considerado un membro da familia. Coidamos de cada un deles con atención individualizada, respectando as súas necesidades e personalidade.
Este proxecto nace ademais como unha homenaxe a memoria do "Mestre da Pesca", gran amante dos cans e padriño da promotora, cuxos valores de respecto polos animais, dedicación e amor pola natureza inspiran cada recuncho deste lugar.

O MESTRE DO CAN
Na nosa residencia, ofrecemos un ambiente seguro e familiar, con cómodos dormitorios e amplas zonas de recreo. Os nosos servizos inclúen hospedaxe nocturna, gardería de día e coidados personalizados para cachorros e animais xeriátricos. Estamos comprometidos a proporcionar atención individualizada adaptada ás necesidades de cada animal, todo supervisado por profesionais do sector veterinario que garantizan o seu benestar físico e emocional.

UN ESPAZO NATURAL E SEGURO
As nosas instalacións esténdense por máis de dúas hectáreas, permitindo que os cans paseen, xoguen e disfruten ao aire libre. O Mestre do Can destaca pola súa dedicación á calidade dos coidados e ao respecto polo benestar animal, asegurando que cada hóspede reciba a atención que merece.