Residencia canina rural · Abegondo

Aquí, o teu compañeiro, estará nas mellores patas.

Unha residencia canina rural en plena natureza. Non buscamos aloxar o maior número de cans, senón coidar ben de cada un deles; por iso coidámolos desde o noso propio fogar.

Máis de 2 hectáreas Atención individualizada Aberto 10–19 h
Can nun entorno natural
Máis de 2 hectáreas de natureza

Un espazo natural e seguro

As nosas instalacións esténdense por máis de dúas hectáreas, para que os cans paseen, xoguen e disfruten ao aire libre. Un entorno rural tranquilo, lonxe das présas, pensado para o seu benestar físico e emocional.

  • Amplas zonas verdes para correr e xogar
  • Ambiente familiar, cómodo e seguro
  • Supervisión por profesionais do sector
Os nosos servizos

Todo o que o teu can precisa

Coidámolo como se fose noso, adaptándonos ao que necesita en cada momento.

Hospedaxe nocturna

O teu can pasa a noite connosco, nun ambiente seguro e familiar, coidado en todo momento.

Gardería de día

Para cando precisas deixalo unhas horas: xogo, paseos e compañía mentres non estás.

Atención individualizada

Coñecemos a cada can: o seu carácter, os seus gustos e as súas necesidades. Cada un é único.

Coidados especiais

Cachorros, cans sénior ou animais que precisan medicación ou coidados específicos.

Nutrición

Asesoramento nutricional personalizado e alimentación premium seleccionada.

Coidados complementarios

Baños, adestramento e outros coidados para que estea sempre no seu mellor momento.

O que din de nós

A vosa confianza significa moitísimo

Reseña dun cliente de O Mestre do Can
Reseña dun cliente de O Mestre do Can
Reseña dun cliente de O Mestre do Can
Reseña dun cliente de O Mestre do Can
G Valorados 5★ polos nosos clientes en Google
Os nosos clientes

O guapos que son

Algúns dos compañeiros que xa pasaron por O Mestre do Can.

Como funciona

Reservar é moi doado

1

Escríbenos

Cóntanos as datas e como é o teu can por WhatsApp. Resolvémosche todas as dúbidas.

2

Visita previa

Recomendámosche vir a coñecernos, para que o teu can se familiarice co entorno.

3

Déixao con nós

Coídámolo con cariño e mantémoste ao tanto. Ti, tranquilo; el, feliz.

Produtos de nutrición e coidado para cans en O Mestre do Can
Nutrición e coidados

Nutrición e coidados para o seu benestar

Cremos no poder da alimentación natural e dos bos coidados para mellorar a saúde e a calidade de vida dos nosos compañeiros. Agora contamos tamén con:

  • Consultas de nutrición personalizadas
  • Baños terapéuticos adaptados a cada pelaxe e pel
  • Dermocosmética para o coidado da pel e do pelo
  • Venda de pensos

Reservamos a estancia do teu can?

Escríbenos por WhatsApp e cóntanos o que precisas. Estaremos encantados de coidalo.