Inicio / Sobre nós
Sobre nós

Ola! Son Marta

Fundadora de O Mestre do Can

Marta, fundadora de O Mestre do Can

Unha vida dedicada aos animais

Son ATV (auxiliar técnica veterinaria) especializada en fisioterapia animal, dietética e nutrición, etoloxía, comportamento e benestar canino. Ademais, son técnica en intervencións asistidas con animais.

O Mestre do Can nace do amor polos animais e polo rural. O nome é unha homenaxe ao Mestre da Pesca, padriño da promotora e amante da natureza e animais, e o proxecto é o resultado de querer ofrecer un lugar onde os cans se sintan coma na casa, coidados por alguén que entende as súas necesidades.

  • ATV especializada en fisioterapia e nutrición animal
  • Etoloxía, comportamento e benestar canino
  • Técnica en intervencións asistidas con animais
Os embaixadores

Rayo e Turka

Rayo e Turka son moito máis ca os nosos cans: son os embaixadores de O Mestre do Can e unha parte fundamental da nosa familia.

Con eles aprendemos cada día sobre comunicación, convivencia e respecto polos tempos e necesidades de cada animal. Grazas á súa personalidade e experiencia inspiran a nosa forma de traballar, baseada na confianza, o benestar e o trato individualizado.

Porque antes de crear O Mestre do Can, xa compartiamos a nosa vida cos cans.

Rayo e Turka, os cans de O Mestre do Can

Ven a coñecernos

Encantaranos ensinarche o espazo e resolver as túas dúbidas. Escríbenos cando queiras.