Inicio / Instalacións
Instalacións

Un espazo pensado para eles

Coñece de preto onde vivirá o teu can durante a súa estancia: unha casa de pedra acolledora, novas instalacións en construción e máis de dúas hectáreas de natureza.

A casa de pedra de O Mestre do Can
A vivenda

A Casa de Pedra

A casa principal de O Mestre do Can conta con máis de 320 m² distribuídos en 4 dormitorios individuais, salón e zona de estar, lavandería, zona de aseo e unha cociña equipada para a preparación de todo tipo de dietas, adaptadas ás necesidades de cada can. Un espazo pensado para ofrecer confort, tranquilidade e unha atención totalmente personalizada.

A casiña de madeira en construción
Novidades

A Casiña de Madeira (En construción)

Actualmente estamos a ampliar as nosas instalacións coa construción dunha casa auxiliar de preto de 100 m², que contará con 8 dormitorios individuais, un amplo salón común e espazos deseñados para seguir garantindo o máximo benestar dos nosos hóspedes, aumentando a capacidade sen perder a atención individualizada que nos caracteriza.

Máis de dúas hectáreas de espazo natural
A finca

O Espazo Natural

O Mestre do Can dispón de máis de dúas hectáreas de espazo natural, onde os cans poden correr, explorar e xogar con total seguridade. A finca conta con amplas zonas verdes, árbores e sombra natural, acceso ao río, piscina para os meses de máis calor e diferentes elementos de enriquecemento ambiental e xogo, favorecendo o exercicio físico, a estimulación mental e o benestar de cada can durante a súa estancia.

Ven a coñecer o espazo

Encantaranos ensinarche as instalacións en persoa. Escríbenos e concertamos unha visita.