Inicio / FAQ
Preguntas frecuentes

Resolvemos as túas dúbidas

E se non atopas o que buscas, escríbenos por WhatsApp e respondémosche encantados.

Que nos diferencia doutros hoteis ou residencias?
Somos unha residencia familiar: coidamos o teu can desde o noso propio fogar. Non buscamos aloxar o maior número de cans, senón coidar ben de cada un deles, con atención personalizada e nun ambiente de casa.
Cal é o voso horario?
Estamos abertos tódolos días da semana, de 10:00 a 19:00 h. Para recollidas ou entregas fóra dese horario, escríbenos e miramos como axudarche.
Onde estades situados?
No Lugar de Garabatos 11, Cerneda (Abegondo), 15318, A Coruña. Estamos nun entorno rural, con máis de dúas hectáreas de natureza para os cans.
Podo visitar as instalacións antes de reservar?
Por suposto, e ademais recomendámoscho. Así coñeces o espazo, coñecémonos e o teu can familiarízase co entorno antes da súa estancia. Escríbenos e concertamos unha visita.
Que precisa o meu can para a súa estancia?
Recomendámosche que estea ao día de vacinas e desparasitación, polo seu benestar e o do resto de cans. Cóntanos como é (idade, carácter, se precisa medicación) e confirmámosche todo o que precisa segundo o seu caso.
Como é a alimentación?
Traballamos con alimentación premium, e podes traer o penso ou comida habitual do teu can para non cambiar a súa rutina. Ademais, contamos con consultas de nutrición coa veterinaria Raquel Pavo, especializada en nutrición natural.
E se o meu can precisa medicación ou coidados especiais?
Non hai problema. Encargámonos de administrar a medicación e seguir as pautas que nos indiques. Temos experiencia con cachorros, cans sénior e animais que precisan atención específica.
Como podo reservar?
O máis doado é escribirnos por WhatsApp ou a través do formulario de contacto. Cóntanos as datas e como é o teu can, e confirmámosche a dispoñibilidade.
Canto custa a estancia?
Depende das datas, da duración e do servizo que precise o teu can. Escríbenos e preparámosche un orzamento á súa medida, sen compromiso.