Do hospedaxe á nutrición, adaptámonos ao que o teu can precisa. Estes son os nosos servizos nun entorno rural de máis de dúas hectáreas.

Non somos un simple sitio onde deixar o teu can: nós coidámolo desde a nosa casa. Coñecémolo, respectamos a súa rutina e adaptámonos ao que precisa, para que a súa estancia sexa o máis feliz e tranquila posible.
O teu can queda connosco a durmir, nun ambiente familiar e seguro. Coidámolo día e noite, coa súa rutina e o seu descanso ben atendidos.
Para cando precisas deixalo unhas horas: traballo, xestións ou unha escapada. Xogo, paseos e compañía mentres non estás.
Cada can é único. Coñecemos o seu carácter, os seus gustos e as súas necesidades para que se sinta coma na casa.
Cachorros, cans sénior ou animais que precisan medicación ou coidados específicos. Seguimos as súas pautas ao detalle.
Alimentación premium e asesoramento nutricional, coa colaboración da veterinaria Raquel Pavo, especializada en nutrición natural.
Baños, adestramento e outros coidados de benestar para que o teu can estea sempre no seu mellor momento.
Cada can é diferente. Escríbenos e preparámosche unha estancia á súa medida.